Pasar al contenido principal

O CPEIG distingue co seu Premio Especial a UNICEF España/USC/CCII, a Mundos Digitales e á compañía coruñesa TRISON

Portada estudo Unicef España/ USC/ CCII

Recoñece a relevancia do estudo Impacto da Tecnoloxía na Adolescencia, os 20 anos de traxectoria do Congreso Internacional de Animación, Efecto Visuales y Nuevos Media Mundos Digitales e o liderado de Trison en Europa no sector da integración audiovisual

Recollerán as distincións na gala da XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 1 de xullo en Santiago

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) outorga o Premio Especial CPEIG da XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia a UNICEF España/ Universidade de Santiago de Compostela (USC)/ Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería en Informática (CCII), Mundos Digitales e TRISON.

Unha das distincións desta categoría Premio Especial CPEIG é para o estudo Impacto da Tecnoloxía na Adolescencia. Relacións, riscos e oportunidades, elaborado por UNICEF España coa colaboración da USC e o CCII, que dirixiu o soporte tecnolóxico do informe. Descargar informe

O traballo inclúe datos estatais e autonómicos e permitiu construír unha fotografía da situación actual, posto que recolle información de primeira man para analizar as tendencias, intereses, oportunidades e preocupacións dos e das adolescentes sobre as tecnoloxías da relación, a información e a comunicación (TRIC). Coa recollida de datos en institutos de toda España e unha mostra significativa e representativa de 50.000 alumnos da ESO (Educación Secundaria Obrigatoria) de entre 11 e 17 anos de todas as comunidades autónomas, converteuse no maior estudo sobre esta temática en España e a nivel europeo ata a data. Segundo este estudo, 1 de cada 3 fai un uso problemático de Internet e as redes sociais e, ademais, 1 de cada 5 adolescentes podería ter un certo enganche aos videoxogos. Tamén arroxa conclusións alarmantes: Máis do 40% dos adolescentes asegura ter recibido mensaxes de contido erótico/sexual; un de cada dez recibiu algunha proposición sexual por parte dun adulto; un de cada cinco podería estar sufrindo ciberacoso; e uns 70.000 terían participado en xogos ou apostas online.

Un de cada catro adolescentes en Galicia usa de forma intensiva e sen supervisión Internet e as redes sociais

UNICEF Comité Galicia presentou o informe cos datos relativos a Galicia o pasado 8 de febreiro no Día de Internet Segura. Segundo o estudo, un de cada catro adolescentes en Galicia usa de forma intensiva e sen supervisión Internet e as redes sociais, e un de cada cinco podería ter un certo enganche aos videoxogos, datos extraídos das opinións de máis de 3.000 adolescentes de 19 centros galegos da ESO.

Ademais, inclúe cuestións problemáticas da navegación. Cinco de cada dez, un 53,6%, contactaron con descoñecidos a través de Internet, chats ou redes, e un 54,1% aceptou a descoñecidos en redes sociais. As prácticas del sexting e o ciberacoso son cada vez máis habituais, sendo identificadas polos propios adolescentes como os principais riscos que presenta a tecnoloxía: catro de cada dez enquisados asegura recibir algunha vez mensaxes de contido erótico/sexual, un de cada dez recibiu –a través de redes, chats, Internet ou videoxogos– unha proposición sexual por parte dun adulto, e dous de cada dez poderían estar sufrindo ciberacoso. Descargar informe Galicia

“Agradecemos este reconocimiento a un estudio que se ha convertido en un informe de referencia al aportar una verdadera radiografía del impacto de la tecnología en los jóvenes en nuestro país. Esta distinción nos permite poner en valor el hecho de que nuestros niños, niñas y adolescentes se beneficien de la tecnología a la vez que conocen sus riesgos, y contribuir a construir desde esta base, un entorno seguro, que respete las etapas de desarrollo y las oportunidades de niñas, niños y adolescentes en el entorno digital”– asegurou o presidente de UNICEF España, Gustavo Suárez Pertierra–. Pola súa parte, a presidenta de UNICEF Comité Galicia, Myriam Garabito, afirmou que “es esencial, como pretende este informe, generar información y datos clave que sirvan como elemento de análisis y reflexión, para que podamos avanzar como sociedad hacia un uso saludable, equilibrado y responsable de las tecnologías y, a la vez, proteger los derechos de la infancia también en el entorno digital”.

Punto de encontro do talento da animación, os efectos visuais e os novos media

Na súa 20 edición, o Colexio profesional outorga tamén este Premio Especial CPEIG ao Congreso Internacional de Animación, Efecto Visuales y Nuevos Media Mundos Digitales (https://www.mundosdigitales.org/), que neste 2022 celebrarase do 7 ao 9 de xullo no Palexco da Coruña. Contará con diferentes presentacións, unha feira de emprego, o Festival Internacional de Cortometraxes de Animación, a entrega do Premio Especial Mundos Digitales 2022 a Paul Franklin, cofundador de DNEG e unha das grandes personalidades da historia dos VFX (efectos visuais), pola súa aportación á industria no campo dos efectos visuais, así como diferentes proxeccións e outras actividades. Como novidade, este ano incluíuse o MD Media Prod Tech Meetup, unha reunión periódica ao longo de 2022 de profesionais  destacados da industria da produción de contidos dixitais para o entretemento que compartirán retos, solucións e innovacións tecnolóxicas relevantes para o sector. 

O director do congreso e da empresa Ilux Visual Technologies, Manuel Meijide, agradece ao CPEIG esta distinción no ano do 20 aniversario do congreso. Explica que Mundos Digitales naceu en 2001 de forma casual, pero xa estaba na súa cabeza desde mediados dos 90, cando como profesor se creou o Posgrao en Creación e Comunicación Dixital da Universidade da Coruña (UDC), cun programa cun forte compoñente de animación 3D. 

Así veu a luz este congreso no que se dan cita algúns dos mellores profesionais da industria dos contidos dixitais, artistas, estudantes e persoas interesadas no mundo dos gráficos por ordenador para descubrir, debater e facer networking, con fin de promover sinerxías, apoiar a creatividade e o debate, fomentar a creación de emprego e converterse en punto de encontro do talento. “Mundos Digitales supuxo unha gran satisfacción persoal por moitos motivos. Tiven a sorte de coñecer a xente que considero verdadeiros amigos, ser capaz cada ano de xuntar a tanto talento, e mesmo ver como antigos alumnos subían ao escenario anos despois a presentar grandes superproducións internacionais”, confesa.

Meijide asegura que o único obxecto de Mundos Digitales é ofrecer un escenario o máis amplo e variado posible do sector en España, reforzado por un 30% máis de partners e colaboradores nas últimas edicións. “O balance destas dúas décadas é positivo e comprobamos que o sector español da animación e os efectos visuais non só se consolidou coa creación de numerosas compañías que dan traballo a miles de profesionais, senón que se converteu nun referente internacional, protagonistas dalgunhas das producións máis destacadas do panorama mundial”  –apunta–.

En canto ao panorama actual, Meijide asegura que a industria da animación e os efectos visuais en España está vivindo un momento fantástico, non só polo número de compañías xa consolidadas e de nova creación, senón que pola extraordinaria calidade das producións coma “Game of Thrones”, “The Mandalorian”, a antoloxía animada “Love, Death & Robots” entre outras moitas, ou os flamantes gañadores do Óscar da Academia o Mellor Cortometraxe de Animación “El Limpiaparabrisas”, Alberto Mielgo e Leo Sánchez.

Trison, solucións audiovisuais innovadoras e marketing sensorial e olfativo para grandes multinacionais como Inditex, Louis Vuitton, Ikea, Sephora ou Porsche

Outro dos premiados na categoría Premio Especial CPEIG é a empresa coruñesa TRISON (con sede en Sada), compañía líder en Europa do sector da integración audiovisual, especializada na dixitalización de espazos para xerar experiencias de cliente únicas a través da integración de sistemas audiovisuais, a creación de contido dixital espectacular e o desenvolvemento de solucións innovadoras de márketing sensorial e olfativo. 

Actualmente, TRISON conta con 16 delegacións propias en 13 países de Europa, Asia e América e acaba de inaugurar a súa propia sede no Metaverso, na plataforma virtual de Decentraland. Desenvolve un promedio de máis de 2.500 proxectos anuais nun total de 112 países e desde a súa creación en 1999 na Coruña culminou máis de 19.000 proxectos e instalado máis de 80.000 pantallas. 

A compañía ten un cadro de persoal de 286 traballadores e colabora con máis de 2.200 instaladores en todo o mundo. Entre os seus clientes figuran multinacionais e marcas de gran prestixio nos sectores de retail, automoción, hospitality, corporate, entretemento e transporte (Inditex, ZARA, Louis Vuitton, Loewe, Balenciaga, New Balance, Rolls Royce, Porsche, Cupra, IKEA, Balearia, FNAC, Sephora, etc.).

A NOITE, a gala máis importante da informática en Galicia celebrarase o 1 de xullo no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago. O evento é o punto de encontro entre as colexiadas e colexiados do CPEIG e un gran número de empresas e profesionais TIC de Galicia, que conta cunha destacada participación de cargos empresariais, institucionais e políticos e é un referente para o sector. Os premios da Noite corresponden nesta edición a once categorías onde o corpo colexial recoñece as iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da enxeñaría en informática.