Pasar al contenido principal

Alastria recibe o premio Iniciativa Empresarial polo fomento da economía dixital a través do desenvolvemento de Blockchain

Alastria

 

Recollerá este recoñecemento na gala da "XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia" que se celebrará o 28 de xuño en Santiago

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concedeu o premio Iniciativa Empresarial da "XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia" á asociación Alastria pola promoción da economía dixital a través do desenvolvemento de tecnoloxías descentralizadas como é o Blockchain.

A gala de informática máis importante de Galicia celebrarase o 28 de xuño no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela. Os premios da Noite corresponden a dez categorías onde os colexiados recoñecen as iniciativas ou persoas destacadas no campo da enxeñaría en informática.

Alastria é unha asociación sen ánimo de lucro que fomenta a economía dixital a través do desenvolvemento e modelo de uso de tecnoloxías descentralizadas/Blockchain multisectorial. Suma xa máis de 460 entidades de todo tipo de tamaños e sectores. Os socios de Alastria colaboran e compiten dentro dunha rede pública permisionada, que dispón das ferramentas fundamentais para o desenvolvemento de estratexias blockchain pensadas para a distribución e organización de produtos e servizos para o mercado español e europeo. O desenvolvemento de software realizado polos socios en Alastria é de código libre.

Ademais, Alastria desenvolve no seu eixo estratéxico tecnolóxico unha infraestrutura básica en diversas tecnoloxías Blockchain, acompañando así desde diversos puntos de vista e moi próximo á evolución diaria destas tecnoloxías. Alastria traballa cunha filosofía "Blockchain Technology Agnostic" para proporcionar coñecemento e madurez no desenvolvemento innovador dun modelo global de interoperabilidade entre redes blockchain permisionadas-públicas. Grazas ao coñecemento e esforzo que proporcionan os seus socios, traballa na normalización dun modelo de identidade dixital, o Alastria ID, e se todo continúa polo bo camiño, este modelo permitirá que as transaccións sobre a rede sexan universais con validez legal.

Segundo a presidenta de Alastria, María Parga, os principais obxectivos da asociación son "promover y establecer la normalización de métodos y herramientas proporcionando un marco de innovación único para el desarrollo y uso de la tecnología Blockchain/ DLT, ya que se dota de un modelo jurídico-económico apropiado que en un futuro próximo permitirá la generación de beneficios e impacto en la sociedad". 

 O enfoque estratéxico de Alastria baséase na metodoloxía da espiral virtuosa da innovación, crecendo coa colaboración do sector privado (grandes e medianas empresas e starups), as administracións públicas e o mundo académico, o que denominan desde Alastria "tres hélices" para xerar e compartir valor. Neste senso, Alastria agrega unha cuarta hélice para a interacción dos cidadáns, que son o "verdadeiro motor del cambio" para que a economía dixital ofreza o máximo de beneficios á sociedade. Grazas á metodoloxía de innovación propia, os socios de Alastria utilizan a tecnoloxía de forma compartida para competir nun futuro inmediato con novos modelos económicos.